Normas de uso e funcionamento da Tenda de Troco
- 1· ► Para ser usuaria ou usuario da Tenda de Troco é necesario cumprimentar a ficha cos datos persoais, onde se recollerá tamén o saldo de puntos de cada usuaria ou usuario.
- 2· ► A roupa, complementos e outros obxectos ou cousas que traiamos, serán valoradas en puntos pol@s responsabeis da tenda nese momento. Os puntos poden usarse pol@ propio usuari@, ou ser cedidos a outra persoa para que os utilice.
- 3· ► A roupa, complementos, e outros obxectos ou cousas expostas para o troco na tenda, terán tamén a súa correspondente etiquetaxe en euros.
- 4· ► O diñeiro recaudado na tenda pasará a formar parte do fondo da Cooperativa Arméria.
O cadro polo que se rexirá o valor de troco é o seguinte:
- ► 1 pounto ou 1€:
Roupa pequena, roupa interior, calcetíns, panos, bufandas... e chanclas.
Complementos (brincos, carteiras, gafas, colares...). - ► 2 puntos ou 2€:
Roupa de nen@s. - ► 3 puntos ou 3€:
Partes de abaixo (saias e pantalóns) e partes de arriba (camisas, xerseis, camisetas), e vestidos. - ► 4 puntos ou 4€:
Zapatos, botas, sandalias, deportivas... - ► 5 puntos ou 5€:
Abrigos, cazadoras...
- ► 1 pounto ou 1€:
- 5· ► Non se aceptará nada en mal estado ou que baixo o criterio da persoa responsable, non sexa adecuado. Evitarase traer grandes cantidades nunha soa visita á tenda, para facilitar a clasificación, valoración e etiquetaxe.
Non se permiten novos comentarios.